Galician English Spanish
menu
  • Inicio
  • Historia
  • Fotos
    • Construcción
    • Plantación
    • A Vendimia
    • O noso viñedo
  • Videos
  • Localización
  • Contactar
  • Zona Privada Socios

"O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos" - Castelao

Últimas noticias

  • Adega Solaina Minei, Queixerías Bama, Pan de Cea e a Evega recibirán os premios o 21 de decembro
    Os Bacelos de Prata recoñecen a catro empresas e entidades (Publicación "La Región")
    Adega Solaina Minei, Queixerías Bama, Pan de Cea e a Evega recibirán os premios o 21 de decembro
     
     

    O xurado da XllI edición dos premios Bacelos de Prata, que concede a Asociación Á1varo das Casas ás empresas que etiquetan os seus productos en lingua galega, elexiu este ano a adega Solaina Minei, ubicada en Castrelo de Miño, que recuperou un espazo vitícola prácticamente abandonado, dividido en varios centos de parcelas, converténdoo nunha única viña de ao rredor de 30 hectáreas, a máis grande do Ribeiro. Segundo o xurado, a empresa conxuga o labor asociativo e a difusión da imaxe corporativa da súa marca "Nove Queipos", elaborado maioritariamente con variedades autóctonas godello e treixadura, sousón e brancellao, utilizando únicamente a liugua galega na súa etiquetaxe. 

    Tamén resultou premiada Queixerías Bama, do concello de Touro (A Coruña), que iniciou a súa andaina hai máis dc 30 anos dun xeito tradicional e familiar ata converterse nunha das queixerías máis importantes de Galicia. Os distintos queixos que elabora teñen conseguido distincións pola súa calidade e desde sempre, a empresa ten apostado polo uso da lingua galega como valor engadido ao produto.

    O xurado tamén acordou facer dúas mencións honorificas por considerar que o seu traballo e produtos de calidade reforzan a identidade galega. Trátase da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia desde o 2004, protexe un xeito de elaborar pan de grande calidade cunhas propiedades ben definidas que lle dan unha personalidade diferenciada; e tamén a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), que ten como finalidade a mellora da calidade dos viños galegos, a prevención e control de enfermidades da vide así como a recuperación das distintas variedades autóctonas. 

    Os premios entregaranse o 21 de decembro, no Pazo Ulloa de Esposende (Cenlle).

    Escrito el Martes, 19 Noviembre 2019 09:00
  • Os Bacelos de Prata recoñecen o compromiso de Adega Solaina Minei co galego

    O pazo dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), acolleu a xuntanza na que se acordou conceder os Bacelos de Prata 2019. Nesta décimo terceira edición dos premios que recoñecen o compromiso coa lingua galega acordouse recoñecer o traballo da Adega Solaina Minei, de Castrelo de Miño, e a empresa Queixeirías Bama, de Touro. No caso da sociedade agraria do Ribeiro lembrouse que foi creada hai 10 anos para recuperar un espazo vitícola practicamente abandonado e que conseguiron facer de centos de parcelas espalladas a viña máis grande da denominación de orixe Ribeiro, con case que 30 hectáreas nunha soa peza e tamén se destacou o feito de que «a empresa conxuga o labor asociativo e a difusión da imaxe corporativa da súa marca Nove Queipos, elaborada maioritariamente con castes autóctonas godello e treixadura, sousón e brancellao, utilizando unicamente a liugua galega na súa etiquetaxe e promoción. O xurado valorou moi positivamente o esforzo realizado polos propietarios cooperantes para manter vivo un territorio que precisa de innovacións e iniciativas produtivas para fixar poboación no rural, evitando o éxodo e abandono da Galicia interior. No caso de Queixeirías Bama salientouse o traballo desenvolvido durante 30 anos, para posicionarse como unha das máis importantes de Galicia no sector, e a aposta polo uso do galego como un valor engadido.

     O xurado tamén acordou conceder mencións honoríficas á Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea e á Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega). Os premios serán entregados o 21 de decembro no pazo dos Ulloa de Esposende.

    Escrito el Martes, 19 Noviembre 2019 00:48
  • Ribeiro Blues Wine Festival 2019

     

     Ribeiro Blues2

     

    Queipo, cesta de castiñeiro onde as mulleres achegaban o almorzo ós vendimiadores e logo aproveitaban a vendimar e encher os culeiros con 9 queipos. Nove queipos é un homenaxe a esas mulleres. Viño do pobo, viño da aldea.

    Lembrade, os días 9 e 10 estaremos participando do Ribeiro Blues Wine Festival 2019, esperamos vervos de novo,  catando viño ribeiro, entre eles Novequeipos. Brindaremos por tod@s vos.

    Acompañaranos para maridar os nosos viños con boa música.

    Escrito el Lunes, 05 Agosto 2019 00:00
  • Poesía, maxia e viño

     

     IMG-20190620-WA0006

     

    Maxia, Poesía e Viño
    Solaina Minei, S. L., NOVEQUEIPOS
    Non o peredades
    Mañá venres 21 de xuño ás 19:30 horas no Parque Naútico

    Escrito el Jueves, 20 Junio 2019 00:00
  • Dende Bueu visitan o "Polígono Agrario das Bouzas"

     

     

     57038418_2321099914774707_9054241623512186880_n.jpg

    Despois da ponencia na Casa do Pobo en Beluso - Bueu, continuamos coa visita o "Polígono Agrario Das Bouzas" e como vedes seguimos coas explicacións.
    Esta experiencia foi moi gratificante para tod@s @s participantes.

    Escrito el Sábado, 13 Abril 2019 22:10
  • Programa formativo: Profesionalización e desemvolvemento da agricultura na IXP Ribeiras do Morrazo (2019)

     

    56721562_2319373298280702_6842646509058523136_n.jpg

    Presentamos o noso "Proxecto de Poligono Agrario Das Bouzas" na Casa do Pobo de Beluso - Bueu, onde participamos con máis ponentes, entre eles "Xosé Carballido Presas". Sempre é un pracer escoitar as súas ponencias, non hai noción do tempo, formidable. É un orgullo que conten con nós como exemplo e modelo, moitas grazas Xan Bautista e a todos os presentes. Mañá remataremos o día recibindo a todos nas Bouzas - Castrelo de Miño.

    Escrito el Viernes, 12 Abril 2019 21:32
  • Cata de Queixos Feijoo e Viños Solaina Minei S.L.

    O próximo domingo día 30 de decembro as 13:00 horas na Praza de Abastos de Celanova,

    terá lugar unha catas de queixos tradicionais galegos curados en bodega,

    e maridado con viño da Denominación de Orixe Ribeiro, Nove Queipos.

    cata Celanova 30122018

     

    Queixos Feijoo e Viños Solaina Minei SL serán os protagonsitas desta Cata.

    Lugar baixo cuberta da Praza de Abastos de Celanova.

    Escrito el Miércoles, 26 Diciembre 2018 15:47
  • Blues do país "Arraianos" e Nove Queipos

    O xoves 25 de decembro na Praza de Avastos de Celanova tomaremos unha copa de Nove Queipos a ritmo de Blues.

    ruta120

      "Blues do país"

    Blues do País é un grupo formado por Bieitta James e Pepe King, que transforman temas clásicos do blues e do soul internacional en cancións con referencias galegas.
    Despois dun tempo levando o seu orixinal espectáculo por escenarios de toda Galicia,  o seu primeiro disco, “Bateas no Mississippí”(2014).

     "Ruta 120" Segundo disco longo de Blues do País."Ruta 120", o novo discos de Blues do País, xa está ahí.

    Póñenlle banda sonora á N-120. esa estrada que une (ou separa) Ourense Vigo, a terra da Diva Rural e a do Bluesmanciño, 13 paradas sonoras máis 2 pistas que non saen no GPS.

    https://www.youtube.com/watch?v=kxO9-NBGmp4

     

    Escrito el Martes, 25 Diciembre 2018 12:30
  • Evento solidario Urban Market Mahou

    O noso viño,  como protagonista dun evento solidario a favor do Comedor Social  Alas5 en Vigo.

    Distruta dun concerto de a cargo de JAZZY mentras degustas unha tapa elaborada a cargo de Bēkari - Maestros Panaderos e A terra gourmet, acompañada dun dos viños de Solaina Minei S.L.h

    Con cada tapa estarás colaborando con 1 euro a ONG Alas5. Esperámoste en Mercado Progreso 41 a partir das 12:30 horas!!!  

    A suma de pequenas accións pode facer deste mundo un lugar mellor!!!

    Evento Urban Market Mahou

    Gracias Urban Market Mahou por permitir que  Nove Queipos estivese presente.

    con

     

    Escrito el Lunes, 05 Noviembre 2018 18:36
  • Alberto, Samanta e Nora...

    Compartimos con vós este video de Alberto, Samanta e Nora. Samanta formou parte do persoal de Solaina Minei, S. L. 
    A viña comenza a nova etapa do ano, agromando dando señas dunha nova vida.
    O mesmos que desexamos para vos, unha nova vida fructífera, chea de amor e un longo percorrido de anos.
    Noraboa e moitas grazas.

    Solaina Minei, S L, 

     video

    Ver Vídeo

    Escrito el Lunes, 06 Agosto 2018 00:00

 

 

You have allowed cookies to be placed on your computer. This decision can be reversed.

template joomla by JoomSpirit

 

© 2020 Solaina Minei S.L. Todos os dereitos reservados. Política de Privacidad. Aviso Legal. Política de cookies