Historia

No 2008 nace O Polígono Agrario da Asociación "As Bouzas" é un proxecto de produción vitivinícola, no que participan arredor de 40 veciños do núcleo das Bouzas que crearon unha sociedade limitada para traballar conxuntamente. Actualmente somos arredor de 54 socios, todos eles viticultores ou fillos de viticultores, que antes de que as viñas quedasen ermas; xúntanse para facer realidade este proxecto.

Comezan as obras.

Con data 29 de diciembre de 2008 inscribese no Rexistro Mercantil de Ourense a constituicón da Sociedade Solaina Minei S.L. A empresa inicia a súa actividade o 27 de novembro de 2008.

O obxeto social é a producción, transformación e comercialización de productos agrícolas, gandeiros e forestales, e atender a calquer fin ou servizo que sexa propio da actividade agrícola, gandeira our forestal, ou estén directamente relacionados con ela. A explotación agrícola, gandeira e forestal. En particular a explotación da madeira.

O domicilio social  da empresa  establecese no LUGAR AS BOUZAS- MACENDO - LOCAL SOCIAL (CASTRELO DE MIÑO).

As obras foron avanzando, e na primaveira do 2009, comeza a prantación da primeira fase do viñedo. A primeira cepa prántase o 25 marzo de 2009 coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, Director Xeral de Estruturas e Infraestuturas Agrarias, Delegado de Medio Rural de Ourense, Xefe de Servicio de Medio Rural, Alcalde de Castrelo de Miño, Coordinador de obras de TRAGSA e socios de Solaina Minei.

No ano 2009 recibimos a visita da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación) cun total de 46 representantes de 20 países de Europa

 

.

 

As obras avanzaron axiña, e na primaveira de 2010, comezou a prantación da segunda fase, coa que se completou a totalidade do viñedo cun total de 28 Ha